jueves, 23 de marzo de 2017

viernes, 13 de enero de 2017

Posicións da frauta

Nesta aplicación podedes repasar as posicións da frauta e practicalas con algunha canción.



Todos somos capitáns

Comparto a canción Todos somos capitáns, de Magín Blanco, que estamos traballando para a celebración do día da Paz. A practicaaar!!





martes, 6 de diciembre de 2016

Nadal rock

No terceiro ciclo imos traballar o famoso "Jingle Bell rock". Se pinchades na imaxe e seguides as instruccións do xogo veredes como aprendela na frauta.




Nesta outra páxina tedes a partitura e o acompañamento instrumental da canción. A tocaaar!!



Letra en galego:


Bo Nadal, Bo Nadal, Bo Nadal rock
imos cantar, co corazón.
Xa respiramos felicidade
a festa vai comezar

Bo Nadal, Bo Nadal, Bo Nadal rock
os cascabeis e as cancións.
Bailando e saltando imos celebrar
que o nadal chegou!






Chega o Nadal!

Xa está aquí o Nadal, e na aula de música tamén o imos celebrar! comezamos coa historia e canción de Rudolph, o reno de nariz encarnado!





Podedes escoitala no seguinte vídeo que é a apertura da película: 






Despois de tanto cantar seguramente teñades ganas de seguir xogando con Rudoph!! pinchade na seguinte imaxe e a ver cantas cancións sodes capaces de tocar co nariz destes renos!!





miércoles, 16 de noviembre de 2016

Canción 5ºA

Déixovos a partitura interactiva da canción que estamos a traballar en 5ºA. Dádelle o play para escoitala! podédela practicar coa frauta e tamén co xilófono que aparece á esquerda do blogue (ampliando e usando o teclado).

A tocaaaar


Muiñeira 5ºB

Déixovos a partitura interactiva da muiñeira que estamos a aprender en 5ºB. Se tedes dúbidas, dádelle a play para escoitala!