miércoles, 28 de septiembre de 2016

Benvidos!

Benvidos ó blog de música do CEIP Milladoiro!

Agora que xa nos imos coñecendo aproveito para presentarvos este espazo, no que completaremos as clases "navegando" pola rede e compartindo o traballo realizado na aula. Tamén será o noso punto de encontro para compartir ideas, gustos musicais, materiais e recursos.

Na parte superior aparecen as etiquetas para cada curso. Se pinchades no voso, veredes as actividades que imos realizando e os recursos utilizados. Na parte dereita tedes diferentes apartados que poden ser do voso interese (recompilación de xogos, partituras, cancións, páxinas...)

Espero que vos guste! e recordade que aínda que de momento este mar está un pouco triste e baleiro, se todos participamos nel pronto estará cheo de aventuras!



Para romper o xeo déixovos un vídeo... non sei que pasou... pero estas estes "directores" volvéronse un pouco tolos nas vacacións... a ver se conseguimos poñelos de acordo durante o curso!






Un saúdo :)

Patricia


No hay comentarios:

Publicar un comentario